Videoteca de interés

En esta sección podrás encontrar películas ou vídeos para traballar nas temáticas de muller e igualdade e dereitos humanos:
 
 

 
 
"Flor del desierto"
 

Waris Dirie é unha nena somalí de 13 anos que escapa do seu poblado para evitar un matrimonio de conveniencia. Tras pasar varios días no deserto chega a Mogadiscio, capital de Somalia, onde uns parientes a envían como criada á embaixada de Somalia en Londres. O rematar ese traballo Waris convertérase nunha muller que non sabía nin ler nin escribir, e que prefiere quedarse en Inglaterra de forma ilegal que volver ó seu país nativo, devastado pola guerra e a fame. Así, cambia de traballo continuamente, e é traballando nun restaurante de comida rápida onde o fotógrafo Terry Donaldson a descubre, convirtíndoa en unha das modelos máis famosas do mundo.

Esta é unha historia de violencia e inxusticia que se constrúe sobre as bases de unha crítica hacia as costumes relixiosas de algúns países, como a castidad obligada ou a mutilación xenital femenina; pero que remata constituíndose como un conto de fadas que non deixa a un lado a dureza do mundo actual.


"Trade"
 
A película trata sobre o tráfico e a explotación sexual de mulleres na fronteira entre México e os Estados Unidos.Un policía con unha historia familiar que o involucra emocionalmente co tráfico sexual e unha parella de irmáns mexicanos: unha nena raptada e o irman que a busca.
 
 

"Evelyn"
 
Evelyn viaxa a España desde o seu pobo natal en Perú. Pensa que vai a traballar con súa prima nun restaurante. Pero é enganada e secuestrada para exercer a prostitución nun clube de carretera. Esta é a historia de un lavado de cerebro, o que transforma a unha rapaza de pobo nunha escrava sexual.
 
 

"Princesas"
 
Conta a historia de dúas prostitutas amigas, Caye, española, e Zulema, inmigrante, e as dificultades que entraña o seu modo de vida, así como a tensión no colectivo de prostitutas entre as españolas e as inmigrantes.
 
  

 


Haz tu web gratis Webnode